PREGUNTAS FRECUENTES
É un galardón bienal que ten por obxectivo recoñecer a traxectoria de persoas que realizaron achegas significativas e innovadoras no eido da investigación educativa, en calquera dos seus niveis e tanto en ámbitos formais coma non formais.
A candidatura debe ser proposta por un organismo, universidade, sociedade científica, asociación, grupo ou rede de investigación educativa debidamente acreditados. O/a candidato/a debe demostrar unha traxectoria sólida e un compromiso destacado coa innovación educativa. Valóranse tanto candidatos/as con ampla experiencia coma aqueles/as de menor traxectoria, mais con achegas de gran relevancia.
Debe ser presentada por quen ostente a representación oficial de calquera das entidades enumeradas no apartado anterior que propoña á persoa candidata, utilizando o formulario oficial dispoñible na páxina web de Afundación. A candidatura acompañarase da documentación requirida que xustifique os méritos da persoa proposta.
A documentación debe incluír, como mínimo:
- Datos do/da candidato/a: Nome, correo electrónico, domicilio e teléfono de contacto.
- Resumo de méritos: Enumeración dos logros e fitos relevantes.
- Cartas de referencia: Ao menos 3 cartas de persoas que coñezan os méritos do/da candidato/a (sen conflitos de interese).
- Memoria xustificativa: Descrición detallada da biografía e xustificación dos méritos.
- Resumo do CV: Máximo 10 páxinas (podendo axuntarse o CV completo adicionalmente).
- Artefactos ou evidencias: Documentos, traballos ou mostras de proxectos que avoguen a candidatura.
Linguas: A documentación pode presentarse en galego, castelán ou inglé
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de febreiro de 2026. Non se aceptará documentación adicional unha vez pechado o prazo, salvo requirimento específico de Afundación.
Todas as candidaturas que cumpran os requisitos serán aceptadas e revisadas por un xurado composto por cinco destacadas personalidades do ámbito educativo. O xurado actuará con autonomía e independencia, e non existirá un proceso eliminatorio previo.
O/a gañador/a recibirá unha dotación de 12 000 euros e un diploma acreditativo. Ademais, comprometerase á realización dun traballo sobre a súa área de especialización (entre 20 e 25 páxinas, seguindo o manual APA) e Afundación resérvase o dereito de publicar o devandito traballo. A publicidade do premio tamén estará contemplada, permitindo ao/á premiado/a mencionar o seu galardón, indicando o ano, nas súas cabeceiras ou anuncios.
Toda a documentación entregada no proceso de candidatura non será devolta e conservarase unicamente para a avaliación e o desenvolvemento do premio, conforme o establecido nas bases.
Afundación, con domicilio na Coruña e NIF: G70270293, é a responsable do tratamento dos datos persoais facilitados no proceso de inscrición. Adóptanse todas as medidas necesarias para garantir a confidencialidade e o correcto uso dos datos, que se tratarán conforme a normativa vixente en materia de protección de datos.
Se desexas máis información, podes contactar co delegado de Protección de Datos a través de rgpd@afundacion.org.