I Premio Internacional

De Investigación Educativa

ROBERT ARNOVE

GAÑADOR da I EDICIÓN 2023

Robert F. Arnove, catedrático honorífico emérito e Chancellor Professor da Universidade de Indiana de Estados Unidos, foi distinguido co galardón polo xurado da primeira edición do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa de entre as 111 solicitudes presentadas, procedentes de nove países diferentes.

ENTREGA DO PREMIO

XURADO

O xurado estivo integrado por:

Dr. Martín Aiello

Coordinador de investigación e desenvolvemento IIPE UNESCO América Latina e profesor da Universidad Nacional 3 de Febrero.

Dra. Assunção Flores

Directora do Centro de Investigación en Estudos da Infancia (CIEC) e profesora do Instituto de Educación da Universidade do Minho.

Dr. José Luis Guerrero Cusumano

Director académico para Latinoamérica e Europa Central de Educación e Desenvolvemento Internacional (CIED) da Universidad de Georgetown. Profesor titular da Universidad de Georgetown. Profesor titular da Universidad de Georgetown.

Dra. Ana Lehmann

Profesora de la FEP-Universidad de Porto.

Carlota Sánchez Puga

Secretaria con voz e sen voto, e coordinadora do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa.

As candidaturas deben ser propostas por entidades ou organizacións do ámbito educativo.

Dotación de 12 000 € e diploma.

Compatible con calquera outro premio, bolsa, axuda, subvención ou concorrencia a calquera outra convocatoria.

Todas as candidaturas que cumpran os requisitos serán examinadas polo xurado, sen proceso eliminatorio previo.

Periodicidade bienal.

Inscrición ata o 28 de febreiro de 2023.

QUÉ MÉRITOS SE TIVERON EN CONTA?

Traxectoria docente.

Publicación de libros e/ou monografías en editoriais de prestixio.

Publicación de artigos en revistas cientificamente acreditadas.

Dirección e participación en investigacións relevantes.

Impacto das publicacións científicas, das técnicas ou estratexias de innovación educativa.

Dirección de teses de doutoramento.

Organización de congresos e/ou seminarios de relevancia internacional.

Premios recibidos.

Presenza nos medios de comunicación.

INSCRICIÓN

O prazo de presentación de solicitudes dará comezo o 1 de outubro de 2021 e rematará o 28 de febreiro de 2023.

Non poderá presentarse documentación adicional unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes, a menos que sexa requirida por Afundación. A documentación presentada non será devolta.

O fallo deuse a coñecer o luns 27 de novembro DE 2023