II Premio Internacional
Afundación
De Investigación Educativa
Coa vontade de impulsar a educación como materia científica, capaz de contribuír moi significativamente ao desenvolvemento das persoas e das sociedades, e coa de fomentar o pensamento na práctica educativa, en todos os seus niveis e modalidades (tanto formais como non formais), Afundación convoca a segunda edición do «Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa».
SOBRE O PREMIO
Quen?
Poderán optar ao premio exclusivamente persoas físicas.
Como?
As candidaturas deben ser expostas por entidades ou organizacións.
Por que?
En Afundación temos o propósito de impulsar a educación como materia científica capaz de contribuír ao desenvolvemento das persoas e sociedades.
INSCRICIÓN
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2026.
Non poderá presentarse documentación adicional unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes, a menos que sexa requirida por Afundación. A documentación presentada non será devolta.
OS GRANDES EIXES DA NOSA ACTIVIDADE
En Afundación buscamos levar a cabo unha acción educativa, social e cultural que contribúa á mellora da sociedade facendo posible o desenvolvemento íntegro das persoas.
XURADO
O xurado está integrado por:
Dr. José Luis Guerrero Cusumano
Director académico para Latinoamérica e Europa Central de Educación e Desenvolvemento Internacional (CIED) da Universidad de Georgetown. Profesor titular da Universidad de Georgetown. Profesor titular da Universidad de Georgetown.
Carlota Sánchez Puga
Secretaria con voz e sen voto, e coordinadora do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa.