
Coñécenos
En Afundación buscamos impulsar unha sociedade máis xusta, comprometida e sostible a través da realización de proxectos en catro áreas principais: educación, cultura, envellecemento activo e voluntariado, sendo a sostibilidade e a educación os principios transversos e inherentes ao noso labor.
LEVAMOS A CABO UNHA ACTIVIDADE ORIENTADA A
Desenvolver a aprendizaxe en todas as etapas da vida, fomentando o desenvolvemento das capacidades dos mozos e mozas para o futuro.
Potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, abordando o reto do envellecemento da poboación e a revolución da lonxevidade.
Difundir a cultura como instrumento vertebrador do coñecemento.
Impulsar a acción social e participación da cidadanía a través do voluntariado social e ecolóxico.
Todo iso privilexiando a calidade dos programas sobre a cantidade dos mesmos.
NO ÁMBITO EDUCATIVO
Elaboramos programas inclusivos e adaptados a todas as etapas da vida. Somos un axente determinante en Galicia, tanto na formación regulada, desde a etapa infantil ata a educación superior na formación profesional e universitaria, como no desenvolvemento dunha esixente programación extracurricular para todas as idades.
Aplicaremos as nosas propostas nos diferentes espazos da nosa ampla rede de infraestruturas, na que se integran os dous centros de formación profesional da Coruña e Vigo, a Residencia de Estudantes Afundación en Pontevedra, a Escola Infantil Afundación de Zalaeta, os espazos +60 e as nosas sedes e centros.
Impulsamos, en colaboración con ABANCA, a creación da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), a primeira universidade privada, con vocación de servizo público, do noroeste da península ibérica.