O PREMIO

En consonancia co carácter educativo da nosa entidade, coa súa vontade de impulsar a educación tamén como materia científica, capaz de contribuir moi significativamente ao desenvolvemento das persoas e das sociedades, e co fomento do pensamento na práctica educativa, en todos os niveis e modalidades (tanto formais como non formais), Afundación convoca a segunda edición do que en adiante se denominará «Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa».

As candidaturas deben ser propostas por entidades ou organizacións do ámbito educativo.

Dotación de 12 000 € e diploma acreditativo.

Compatible con calquera outro premio, bolsa, axuda, subvención ou concorrencia a calquera outra convocatoria.

Todas as candidaturas que cumpran os requisitos serán examinadas polo xurado, sen proceso eliminatorio previo.

Periodicidade bienal.

Inscripción ata o 28 de febreiro de 2026.

QUE MÉRITOS SE TERÁN EN CONTA?

Traxectoria docente.

Publicación de libros e/ou monografías en editoriais de prestixio.

Publicación de artigos en revistas cientificamente acreditadas.

Dirección e participación en investigacións relevantes.

Impacto das publicacións científicas, das técnicas ou estratexias de innovación educativa.

Dirección de teses de doutoramento.

Organización de congresos e/ou seminarios de relevancia internacional.

Premios recibidos.

Presenza nos medios de comunicación.

INSCRICIÓN

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2026.

Non poderá presentarse documentación adicional unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes, a menos que sexa requirida por Afundación.

A documentación presentada non será devolta.